+ internet + galego + futuro

Xunta de Galicia. Consellería de Innovación e Industria. Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información

17 de maio días das Letras - día de Internet - día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información

Actividades

Xornada de software libre e documentación

Do 10 de maio no Pazo de Exposicións e Congresos de Santiago no marco das Xornadas Españolas de Documentación "E-información: integración e rendabilidade no entorno dixital" organizadas pola Federación Española de Sociedades de Arquivística, Biblioteconomía, Documentación e Museística (FESABID) entre o 9 e 11 de maio en Santiago de Compostela.




Actvidades de "A cultura na rede" en Cultur.gal Feira do Libro e da Industria Cultural

10 de maio, a partir das 17.30 h. no Pazo de Exposicións e Congresos de Pontevedra, dentro das actividades programadas en Cultur.gal, desenvolverase dúas mesas redondas sobre a dixitalización do patrimonio cultural galego e a dinamización cultural na rede; e unha entrevista pública a Francis Pisani, consultor e profesor das Universidades de Berkeley e Stanford.




I Concurso de Iniciativas da Rede de Dinamización da Sociedade da Información

Do 1 e o 31 de maio. A Rede de Dinamización da Sociedade da Información desenvolve unha serie de iniciativas para promover o uso do galego, do softwarre libre e das Tecnoloxías da Información e da Comunicación dirixidas ao mundo da empresa e asociacións, a diferentes segmentos de poboación como persoas maiores, mulleres e xente nova ou persoas con discapacidades.




Conferencia: "Galicia / Irlanda. Cambio económico e desenvolvemento da Sociedade da Información"

Día 14 de maio ás 13 h. no Hotel Puerta del Camino. Dirixida a enxeñeiros de Telecomunicacións, profesores das universidades galegas, responsables de Administracións públicas e empresarios.




Xornadas sobre estratexias TIC e de Sociedade da Información en Galicia.

15 de maio. Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Enxeñería, Campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela. A iniciativa esta organizada polas tres universidades galegas e mais a Dirección Xeral para a Promoción Industrial e da Sociedade da Información da Consellaría de Innovación e Industria.




Temos lingua propia. Queremos vivir nela.

Do 1 ao 17 de maio. Iniciativa de sensibilización e denuncia cidadá a través da rede que xira entorno ao manifesto "Temos lingua propia. Queremos vivir nela" promovido pola Mesa pola Normalización Lingüística.




Galicia Global

Do 1 ao 17 de maio. A web Galicia Global pretende ser un foro público onde todos os galegos e galegas poidan participar, deixando constancia da súa pertenencia á nosa comunidade nun gran mapa do mundo e tendo a posiblidade de comunicarse a través dunha canle aberta.




Radio Aturuxo

Do 1 ao 17 de maio. Emisión radiofónica en liña promocida por Fillos de Galicia. As emisións incluirán cancións e textos locutados sobre literatura galega feita por mulleres, citas de autores das nosas letras e cuñas promocionais de proxecto sen ánimo de lucro. Incluiranse asemade os arquivos en audio reunidos por Fillos de Galicia con motivo do Día das Letras de 2006.




Web cultural sobre María Mariño

Do 1 ao 17 de maio A Asociación Cultural Barbantia promover un espazo web de recreación literaria a partir da obra poética de María Mariño, visita os lugares nos que discorreu a súa vida e axunta ensaios de recuperación e valoración crítica das súas letras.




Antes e despois de internet

Do 1 ao 17 de maio. Dezasete reportaxes para achegarnos ás mudanzas que provocou internet na vida e actividades profesionais ou afeccións de escritores, músicos, deportistas, pioneiros das TIC en Galiza, empresarios, artistas... Unha visión persoal sobre os novos tempos nacidos da expansión da rede.




Delicatessenweb

Espazo colaborativo para facer un catálogo de web con contidos en lingua galega. Os internautas poderán recomendar aquelas webs en lingua galega que consideran de maior interese polos seus contidos e utilidades e confomar así de modo colectivamente un catálogo galego de espazos web.




Accesibilidade | Aviso legal | Contacto

Xunta de Galicia. Conselleria de innovacion e industria sociedadedainformacion.eu. Estratexia galega da Sociedade da informacion