[17/05/2007] En marzo de 1963, Francisco Fernández del Riego, Manuel Gómez Román e Xesús Ferro Couselo propuxeron á Real Academia Galega a celebración dun Día das Letras Galegas co gallo de conmemorar a publicación un século antes de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. Desde hai unha década os actos da Academia son acompañados con iniciativas informativas e literarias na Rede.
[Continuar]
[15/05/2007] Interpretamos que a presenza galega na rede debe ser en lingua galega, e pode ser que entendamos a lingua coma o noso principal identificador, pero Galicia tamén é un identificador importante. E se buscamos ese tag en Flickr atopamos un lote de referencias, blogs fotográficos cos que non contábamos; e o mesmo nos vai acontecer se buscamos en Youtube ou en Google Vídeo ese mesmo tag. Galicia está de cheo nos contidos gráficos, que son contidos galegos sempre e contidos en galego na maior parte dos casos.
[Continuar]
[14/05/2007] Gómez Noya, David Cal, Óscar Pereiro, Teresa Portela, Borja Oubiña, Lourdes Domínguez... Son os nomes dunha excepcional xeración de deportistas que están a levar o nome de Galicia até o máis alto dos podios e clasificacións por todo o mundo. O ouro e a prata de Cal en Atenas e éxitos como o triunfo de Noya na BG Cup de 2006 ou o de Pereiro no último Tour de Francia, fixeron que boa parte do Estado mirara cara á esquecida Galiza na procura dun viveiro do que botar man en épocas de crise. Loxicamente, esta atención ten as súas consecuencias positivas pois, máis que nunca, o deporte galego e todo o que o rodea está de moda.
[Continuar]
[14/05/2007] Desde que no ano 96 se aniñou en Vieiros unha páxina desenvolvida desde o Concello de Fene con motivo do Día da muller traballadora, a arañeira violeta foi engadindo nós, nun primeiro momento tecidos por colectivos que levaban anos implicados na reivindicación da igualdade e nos estudos feministas.
[Continuar]
[07/05/2007] Primeiro xantar, despois contalo. Meterlle o dente ás ricas viandas do país é un pracer innegábel, pero contalo engádelle un atractivo extra e estimula o bandullo a próximos desafíos á beira dunha mesa. A rede en xeral e o blogomillo en particular crearon novos xéneros para o relato das aventuras gastronómicas.
[Continuar]