[17/05/2007] As iniciativas de Máis Internet, máis galego, máis futuro tenen neste 17 de maio o seu día grande. Coa atención focalizada na creación e difusión de contidos en lingua galega na Rede callou unha serie de inciativas virtuais e presenciais que serviron para reflexionar sobre a construción da sociedade da información e o coñecemento reparar nalgunhas manifestación emerxentes da sociedade-rede en Galicia. A inclusión das accións da Rede de Dinamizadores da sociedade da información contribuiu a darlle maior capilaridade territorial ao Día de Internet, complementando e intensificando as iniciativas de asociacións culturais, empresas, institucións e medios de comunicación.
[Continuar]
[15/05/2007] Hoxe desenvólvese a xornada "Estratexias Tic e da Sociedade da Información en Galiza" na Universidade de Santiago (USC). Analizar o rol das universidades e das autonomías na sociedade da información é un dos fins da conferencia. O acto foi inaugurado polo consellerio de Innovación e Industria, Fernando Blanco, e o reitor da USC, Senén Barro, quen adiantou a publicación en liña dunha xigantesca base de termos científicos en galego.
[Continuar]
[14/05/2007] É posíbel aplicar a receita do milagre tecnolóxico irlandés a Galiza? En opinión dos expertos reunidos hoxe en Santiago e do conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, si que o é. Unha das chaves pasa por investir os fondos de Bruxelas en novas tecnoloxías e formación, tal e como fixeron os irlandeses durante vinte anos, segundo explicou o profesor da Universidade de Santiago, Carlos Ferrás.
[Continuar]
[09/05/2007] "I+C. Oportunidades e desafíos para a cultura galega en Internet" é o título do libro presentado hoxe en Cultur.gal, a feira do Libro e da Industria Cultural que comezou en Pontevedra. A publicación -que se pode descargar gratis da rede- recolle relatorios de numerosos expertos galegos no ciberespazo; algúns dos cales participaron hoxe nunha xornada de divulgación no Pazo de Congresos desta cidade.
[Continuar]
[27/04/2007] O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Xabier Blanco Álvarez, e a directora xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información, Elena Veiguela, presentan na Sala de xuntas da Consellaría de Innovación e Industria, en San Caetano, a campaña de actividades para conmemorar o Día de Internet, o Día Mundial das Telecomunicación e o Días das Letras.
[Continuar]